¡Bienvenid@ a La Terapia del Canguro!

¡Bienvenid@ a La Terapia del Canguro!

Este blog es el punto de partida de una iniciativa para prestar ayuda y todo el apoyo posible a personas afectadas de cáncer, leucemia y linfoma. ¿Qué tiene de particular? Pues que quien suscribe ha estado viviendo esta experiencia… ¡en primera persona! Sí, me estoy recuperando de un cáncer, pero el mundo no se acaba tras el diagnóstico. Queda mucho por vivir, mucho por aprender y mucho por disfrutar… ¿Te unes al canguro?

Marzo 2010
L M X J V S D
« Feb   Abr »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
Buscadores
Suscríbete!!!

Archivo de Marzo de 2010

Xornal.com - Xornal de Galicia

A loita contra o cancro na rede

ALBERTO RAMOS

20/03/2010 – 21:50 h.

>> Vanesa Sáez, galardoada pola USC por un proxecto de apoio ‘online’ para enfermos oncolóxicos, busca agora as vías para converter a proposta premiada nunha realidade

>> Sáez acudiu xa á Cámara de Comercio de Pontevedra en busca de orientación

Cando se lle concede un galardón a alguén por un proxecto diferente e innovador, os medios de comunicación adoitan fixar a súa atención nesa iniciativa cando se entrega o premio. Ese foi o caso de Vanesa Sáez, unha moza galega de 27 anos que hai un mes resultou premiada no X Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago por un proxecto consistente nunha páxina web de servizos de apoio para as persoas que sofren cancro. Vanesa recibiu así o recoñecemento da comunidade universitaria e 600 euros como un primeiro paso para poñer en marcha a súa iniciativa. Non obstante, despois deste galardón queda o máis duro: converter a proposta aplaudida nunha realidade palpable. Nese tránsito, os medios de comunicación adoitan esquecerse do proceso.

“Vou ao meu ritmo para poñer a miña proposta en marcha. Presenteilla a Caixanova porque é un proxecto no que poderían colaborar dende a súa Obra Social e que ten unha filosofía propia, de facelo en Galicia e para os galegos. Ademais, tamén teño a intención de presentalo no Concello de Pontevedra e xa acudín á Cámara de Comercio pontevedresa para que me orientase un pouco porque eu non teño experiencia empresarial “, explica para Xornal Vanesa Saez que, dende que conseguiu o premio, non perdeu o tempo para buscar os mecanismos necesarios para que a súa páxina web sexa unha realidade útil para a sociedade.

TERAPIA CANGURO

Vanesa Sáez

A USC premiou a iniciativa empresarial de Vanesa Saez pola súa potencialidade e dedicación nun ámbito social específico e moi sensible. A súa páxina web aplicará para os enfermos de cancro a chamada terapia canguro. “Consistirá nunha páxina web na que os enfermos de cancro e os familiares atoparán apoio psicolóxico online, información e consellos para adaptarse á súa enfermidade e para coidar o seu físico porque, cos tratamentos, deteriórase moito o aspecto físico e realmente iso contribúe a minar o estado de ánimo”, explica a creadora da iniciativa.

Deste xeito, Vanesa Sáez pretende formar un equipo moi sinxelo para o comezo do proxecto. Simplemente sería necesario o traballo dun psicólogo e da propia Vanesa para levar a cabo o traballo da páxina. “Evidentemente eu non conto coa formación necesaria para tratar a ninguén, por iso faría falla dispoñer dun psicólogo para comezar e poder ofrecer a atención psicolóxica online. Eu, pola miña banda, encargaríame da información e dos contidos que se colgarían na páxina e que se actualizarían case a diario. Tamén serían parte do meu traballo os aspectos comerciais”, sinala Vanesa. O seu proxecto, ao ser unha empresa, tería ánimo de lucro. “Para os usuarios, o servizo sería gratis. Buscaríanse os cartos nas empresas que se anunciasen e que vendesen os seus produtos, como maquillaxes, perrucas ou panos. Eses artigos mercaríanse na web como parte da oferta para coidar o aspecto físico, que sofre moito co tratamento e non axuda a conservar unha actitude positiva, tan necesaria para a curación”, lembra Vanesa.

EXPERIENCIE PROPIA

Vanesa Saéz decidiu levar a cabo esta iniciativa porque coñece en primeira persoa os efectos do cancro. “En xuño do ano pasado diagnosticáronme un linfoma de Hawking, un tipo de cancro que ten tratamento con quimioterapia, ao cal fun respondendo ben”, lembra. A partir dese diagnóstico, a súa vida cambiou e, dende a súa propia experiencia, busca axudar outras persoas que están a pasar polo que sufriu ela. “Por iso quero crear esta web na que haxa axuda psicolóxica que resulta moi necesaria. No Sergas ofrécese esa atención no momento en que diagnostican a enfermidade, pero as citas non sempre as tes cando as precisas. Así, na páxina, atoparías axuda online, información e consellos para loitar coa enfermidade”, sinala esta licenciada en Publicidade.

O seu proxecto conta co recoñecemento da comunidade universitaria, que viu na iniciativa unha dimensión social e un servizo moi valioso para apoiar aos enfermos de cancro en Galicia. Agora, xa está buscando como esa idea aplaudida pode ser un espazo real na rede. Dese xeito, todos os doentes que precisasen axuda nun momento determinado, atoparían unha ferramenta á que acudir cun simple toque de rato. Polo momento, Vanesa segue traballando para crear ese espazo virtual de loita contra o cancro.

[URL] http://www.xornal.com/artigo/2010/03/20/sociedad/loita-cancro-na-rede/2010032021500001478.html


© XORNAL.COM, Fundado en 1999 como “EL PRIMER DIARIO ELECTRÓNICO DE GALICIA”
R/ Galileo Galilei, 4B (Polígono A Grela).
Redacción: redaccion@xornaldegalicia.com, Publicidad: publicidade@xornaldegalicia.com

  • Share/Bookmark